ERA VISTO | O |
22 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.CADA ANO son máis os incendios, grandes e pequenos, que arrasan a nosa bisbarra. Este verán semella que estamos tendo algo de sorte, aínda que non moita, porque ata agora non nos tocou ningún lume tan grande como o de Guadalaxara. Pero, xa digo, aínda así non nos libramos. O triste é que a meirande parte destes focos sexan intencionados, causados por tolos que non dubidan en prenderlle lume ao monte. Tamén hai algúns motivados por descuidos, pero son os menos. ¿Que é o que hai que facer para que toda a xente se conciencie de que os montes son unha grande riqueza? Pode ser que sexa unha cuestión de educación cívica, a ver se pouco a pouco aprendemos todos.