O pecado de fumar

LINGUA PROLETARIA | O |


NO MUSEO Naval de Madrid hai un letreiro que di: «Se puede fumar», e o guía explícanos que nesa sala adoitaba reunirse don Juan de Borbón co consello do museo.Agora, fumar xa non só é antiestético, arcaico, inmoral, indecente, noxento e fonte de todas as enfermidades malas, habidas e por haber, tamén é antieconómico, algo que se fixo público cando se comprobou que o cultivo do tabaco só produce o un por cento do PIB e iso non lle doe á economía. O malo, o que se di coa lingua pequena, é que, segundo as estatísticas, morren un de cada catro fumadores en idade laboral. Claro que, morto un fumador, substitúese por un rapaz novo, con coñecementos de informática, inglés e menos soldo, e por aí a cousa pode mellorar a balanza de pagos, pero peor é que, antes de morrer, durante anos, o fumador é máis propenso a enfermidades respiratorias, coas consecuentes baixas laborais e visitas ós centros de saúde, e iso si que custa cartos. En resumo, que o número de fumadores dun país pode provocar un incremento en gastos sanitarios e levar ó país á ruína; algo que non dan aprendido estadistas da altura de Felipe González ou Mariano Rajoy, que non saben pasar sen o seu habano despois de xantar. E que dicir do exemplo deixado polos fumadores da conferencia de Yalta, ou de Compay Segundo, ou de don Paco del Riego, ou de don Santiago Carrillo... Sen embargo, ou a pesar de tantos exemplos, ninguén pon en dúbida que o tabaco é malo, máis agora, cando unha nova advertencia con ideas machistas asegura que, os que fuman máis de vinte cigarros por día, ven afectada a mobilidade do seme, e as mulleres dos fumadores xeran fillas en vez de fillos. En fin, unha desgraza. Vou acender unha pipa para meditar sobre o asunto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O pecado de fumar