Utopías

VEIRAS MANTEIGA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

07 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI UNHA cantidade de cousas das que podería escribir, elixir unha é complicado, ademais do risco de repetirme unha e outra vez. De todas maneiras, para o caso que se nos fai. Se volvo falar de cabalos ceibes polas estradas e camiños, co risco que hai de accidentes, non vai a cambiar a cousa. Ninguén se vai ocupar deste problema. Tamén podiamos escribir sobre o non dos franceses e holandeses, e por tanto, lonxe como estamos de Europa, para qué serve isto. Por exemplo, o Partido Socialista do país veciño excluíu da súa dirección aos partisanos do non, sen ter en conta que o pobo lles deu a razón. ¡Viva Stalin! E falando de Francia, viva a utopía. Non a nosa : a de todos. Sobre a manifestación en Madrid, contra a negociación con ETA, espero que os gobernantes escoiten aos cidadáns, e non caian no erro de facer o mesmo que os precedentes. Chega a calor, chegan os atascos a Noia, iso si que non é utopía. Colas e mais colas; vai sendo hora de que se faga esa variante. Andamos coa campaña electoral e algúns dos meus amigos de esquerdas, diante do panorama e da suposta calidade dos candidatos, dinme que teñen gañas de votar pola dereita¿ A min, que nunca vou, ata me da gañas de ir á praia, se o tempo acompaña, claro está.