El País Vasco «dixit»

JOSÉ RODRÍGUEZ CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

22 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

MENTRES ESTABA analizando a lóxica das eleccións vascas, no invariable convencemento que teño de que os cidadáns, cando falan nas urnas, sempre dín a verdade e sempre teñen razón, estaba facendo unha comparanza de tales resultados co que acontece nesta bisbarra. Os vascos dixéronlle a Ibarretxe que non están interesados en plans sin pés nin cabeza, senón en feitos reais e coherentes, o mesmo que queren os veciños de Os Areeiros, Cabo de Cruz e varias zonas costeiras de A Pobra. O País Vasco tamén dixo que tiñan que entenderse e convivir os nacionalistas cos non nacionalistas, sen renunciar a súa propia autoidentificación. Poño por caso que do mesmo xeito que hoxe gobernan os nacionalistas en Carnota e Boiro, mañá darán paso á alternancia, e viceversa, nos demais concellos. Como quedou claro que a meirande parte do electorado vasco non está pola violencia. Incluso se percibe un certo tirón de orellas a socialistas, populares e peneuvistas, xa que a xente non quere que os políticos estean a vender fume en vez de asumir a súa responsabilidade.