LA LLAVE
18 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.MARIANO VIDAL era nacionalista nos peores tempos, cando atopar un concelleiro frentista nunha corporación municipal da comarca era complicado. Tanto el como Xan Cadaval, recentemente finado, levaron a bandeira da corrente política ata poñela no máis alto. Estas liñas pretenden recoñecer o mérito dunha persoa moitas veces incomprendida, pero que sempre foi quen de exercer a política como ten que ser: loitando desde o seu posto, apoiando decisións de gobernos de ideoloxías dispares, discrepando con aquela voz de trono que se trocaba en amábel e suave cando mediaba o entendemento... e despois dos plenos, só amizade, a confrontación quedaba no libro de actas. Mariano e Cadabal contribuiron a facer dos plenos de Ribeira un exemplo do que deben ser este actos, alonxados dos personalismos. Fixeron escola e deixaron unha herdanza.