Previsións

JOSÉ RODRÍGUEZ CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

18 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

CO RECOÑECEMENTO que sempre debemos ter con aqueles xestores públicos que fixeron posible a vía rápida do Barbanza, non priva dicir que foi unha obra bastante chapuceira. Por exemplo, os seus estreitos arcéns, co perigo que iso representa. E o mesmo pasou con outra das grandes obras para esta bisbarra, como foi o transvasamento de auga dende o río Ulla. As súas cañerías, unhas veces percorren polas cunetas da devandita estrada e outras saen dese percorrido para atravesar leiras e núcleos urbáns para logo voltar a mesma. Moitos estamos convencidos de que os combustibles fósiles teñen, venturosamente, data de caducidade, o que dará paso ás enerxias renovables, como a pila de hidróxeno para automóbiles, o gas a partires da bioenerxía, a electricidade a través da enerxía solar, eólica, de fusión e demáis. E o mesmo vai ocorrer coas tecnoloxías que chaman de terceira xeneración que revolucionarán o mundo das telecomunicacións. O que pasa é que, mentras agardamos todos istos adiantos, hai que seguir arranxando problemas, polo que é desexable que na execución das obras da vindeira autoestrada se contemplen tamén outras conduccións, como canalizar o gas natural, a fibra óptica ou calquera outra previsible dotación para non ter que atoparnos co de sempre nas obras públicas, como é rachar co recentemente construído. ¿Escoitarame alguén?