DENDE FÓRA | O |
25 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.OS RESULTADOS da xornada consultiva do 20/F hai que consideralos normales, xa que son o reflexo da vontade popular que, cando se manifesta no confesionario da urna, é incontestable. Dentro do conxunto da bisbarra o resultado tivo un comportamento semellante que o conxunto de Estado, do que podemos subliñar algúns aspectos. Así, sendo os de Mazaricos os máis abstencionistas, acadaron a porcentaxe máis grande do SI, onde un voto de cada veciño vale por tres, algo por enriba dos demais concellos. Os máis euroescépticos, os pobrenses, coa porcentaxe máis baixa de apoios e a máis alta do NON, sendo, tamén, onde se anularon máis sufraxios. Os máis precavidos, por votaren en branco, os da Serra de Outes. En canto á participación cidadá, o único concello que fixo bastante ben os deberes foi Rianxo, que levou ás urnas a algo máis da metade do censo. O resto, dende un suspenso raspado ata repetición de curso. Co gallo dunhas eleccións municipais, un electo concelleiro dun grupo independente pobrense dixo: «Pois pensei que iamos gañar os de dereitas e, sen embargo, gañamos os de esquerdas». Algo moi ilustrativo de cómo pensan os políticos. ¿Somos pouco europeístas?. Para nada. O que pasa é que a xente está algo farta de tantas esmorgas e xantares en vez de arranxar os nosos problemas.