Concentracións

MAR DOPICO

BARBANZA

ERA VISTO | O |

15 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

A XUNTA DE Galicia ven de anunciar a habilitación dunha partida extraordinaria para desbloquear o atraso no que se atopan moitas das concentracións parcelarias demandadas polos veciños do país. En Barbanza, son moitas as agrupacións de fincas que están nesa lista de espera, por non falar daquelas outras que levan anos aprobadas, pero que aínda hoxe non se executaron.