Plan Galicia

VEIRAS MANTEIGA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

25 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

HAI COUSAS que sego sen comprender. Andamos a voltas co dito e famoso plan, do que polo de agora non vimos mostra algunha..., posto que os paneis que había en algúns lugares, atópanse moitos deles xa no chan. Non sei se un día se vai a levar a cabo ou non. Se cadra moitos de entre nós non ollaremos moita cousa..., ou quizais todo sen rematar. Lembro aqueles tempos da dictadura en que Galicia ía ser o Dourado, e que ían facer un gran porto: O Iberporto. Porque en aqueles tempos en que non había comunidades autonómicas nin nacionalidades, todo se decidía en Madrid. Pois, ao meu parecer, seguemos igual: os que dan os cartos son ministerios de Madrid e de Bruxelas, Estrasburgo e Luxemburgo. Deixémonos de contos: temos que recoñecelo. Teriamos que preguntarnos para qué serven as autonomías, se non temos a opción de facer o que cremos necesario para a nosa terra. E falando do Iberporto, que nin se chegou a comezar, ben sendo un pouco a historia dos accesos ca Meseta..., dos que xa non quero falar nin saber si están rematados. Pois todo esto pasaba a finais dos 60 e primeiros dos 70 do século XX. Podíase dicir que foi onte..., pero dende entón xa choveu, e moitos que contaban ollar esas realidades, non puideron. Esperemos que co famoso Plan Galicia non pase o mesmo: que non se remate nunca, ou que o ollen simplemente os nosos netos, posto que a min tamén me gustaría velo.