Superviventes

MANUEL TEIRA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

08 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

POR UN momento, aquela noite, cando as horas amasaban unha agarda tensa e todo aquel tempo se ía construindo sobre o seixo, todo era desconcerto, palabras, ata que, de súpeto, sonou o teléfono e unha voz abriu as horas e a luz desterrou aquela escuridade. Fóra, naquela noite endiañada, quizais por un segundo de delirio do chofer, que se viu impotente para domear o autobús, e rulou nunha máis que múltiple volta de campá. Unha histeria apoderouse dos meus amigos os viaxeiros. A situación era de pánico, a lavadora non se daba detido, e aquel segundo foi eterno. Agora si, plof, e unha voz comezou a chamar un a un. Sobreviviran. Nesta xeira houbera sorte. Todos podían contalo. A autoestrada Lisboa-Oporto, por un tempo, quedou pechada ao tráfico rodado. O susto fora tremebundo, tan só con algunha contusión que non pasou a maiores. Os meus amigos superviventes convidáronme estes días a celebrar este aniversario. Foi una festa na que estabamos todos; ben é verdade, que moitos outros, en circunstancias semellantes, non poderían contalo. Na estrada, toda precaución é pouca. Esta moderna máquina de matar ben merece un acto de reflexión, ou contricción, denantes de por o auto en marcha. En hora boa, superviventes.