Movementos positivos

| MONCHO ARES |

BARBANZA

NESTES días asistimos ó nacemento de dúas entidades que poden ser moi importantes para a comarca: a asociación cultural Barbantia e o colectivo de viticultores do Barbanza. Que xunte ás dúas nesta fiestra non é casual, porque entendo que teñen moito en común porque tratarán de recuperar do esquecemento a xentes e tradicións, aspectos dos que andaba necesitado este territorio. Tanto unha como outra arrecenden ben. Os actos constituintes amosaron que á fronte delas están persoas comprometidas con cadan seu sector, por enriba de ideoloxías e de interes espurios. Saben que calquera intromisión pode rematar ca ilusión de tanta xente que, coma eu, dalle a benvida porque a nosa terra estaba orfa de organizacións que levaran a cultura máis alá do folclore e dos fastos ocasionais, ou que fixera rexurdir un sector productivo morto hai tempo pola especulación do viño doado.