OPINIÓN | O |
29 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.XOSÉ LUIS Axeitos, xunto con Xesús Alonso Montero, é quen máis ten traballado estudando a nosa historia que o franquismo tivo agachada. Nos círculos do Estado e internacionais coñecen cecais mellor que acó o valor de Axeitos. O 25 de novembro vaise inaugurar na fundación Luis Seoane unha exposición sobre a editorial Ruedo Ibérico, que recén remata de celebrarse na Residencia de Estudantes en Madrid. Nicolás Sánchez Albornoz, que o é todo logo do desaparecido e inesquecible Pepe Martínez, chamoume antonte pra me dicir que Axeitos ten que ser quen a presente. Aproveito esta nota pra llo comunicar, e de paso confirmar a consideración que lle teñen a Xosé Luis os que máis saben e sufriron a nosa historia.