DENDE FÓRA | O |
26 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.SE HAI unha cousa boa na nosa democracia é que practicamente se lograron erradicar os extremos políticos neste país, tanto das dereitas como das esquerdas. Pero, ollo, hai que seguir vixiantes, posto que as convulsións actuais, a globalización a ultranza e o abandono de milleiros de personas nunha miseria doutros tempos, fai que, elección tras elección, estes extremos que coidabamos desaparecidos rexurdan e sigan acaparando cada vez a máis votantes. E senón votemos unha ollada a países cunha longa tradición democrática, como poden ser Holanda, Reino Unido, Austria, Francia, Italia ou Alemaña. Vemos o rexurdimento deses grupúsculos, minoritarios, certo, pero... Un exemplo témolo nas derradeiras eleccións rexionais no país teutón. Sabedes o máis curioso: os votantes non son outros que mozos con menos de 30 anos. Que non se me diga que son máis incultos que as pasadas xeracións, ou que xamais saíron dos seus pobos ou aldeas. Non, se cadra é que se senten esquecidos, abandonados por un sistema que non resposta ás súas inquedanzas, aos seus desexos. En fin, á súa visión do mundo.