DENDE FÓRA | O |
10 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.REMATADO o verán, faranse as valoracións turísticas da tempada. O mes de xullo, frouxo, e no de agosto, fastidiou a choiva. Así que, nin as praias do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán teñen forza abondo para máis de media ducia de auto caravanas nórdicas, nin a Ruta de Valle-Inclán interesa a máis duns cantos intelectuais e estudiosos. Mentras o campismo perde adeptos, apuntalar o turismo galego no sol e praia é un gran erro, agás para consumo interno, que tamén hai que ter en conta. Sen embargo, a marca Gallaecia ten gancho por todo aquilo que, entre nós, é o normal, o de todos os días, o que contan os homes de negocios que veñen aquí calquer día do ano. Quere decirse que non hai que inventar nada, xa que todo está inventado. Somentes fai falla poñer en valor o que temos, sen máis que promocionar o, para que poida ser disfrutado de xaneiro a decembro, segundo os gustos e os tempos de cada quen. Ese é o turismo que interesa. O segredo está en atender a demanda de portos deportivos, favorecer os campos de golf, fomentar as casas de turismo rural, e ofertar a nosa cociña.