O doce sabor do chocolate

MANUEL TEIRA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

23 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

ANDA, TOCA negro, cántame! Espeta a túa voz, toda esa música nestas entrañas de branco ¡Veña, fódeme! Abre esa porta, vou traspasar a fronteira, deixame imbuir na velocidade deste trasto, nese son de Georgia On My Mind , eres grande, mira coma me perdo nesta soedade do teu sur profundo. Príncipe, gostame o teu Deus negro. Son un puto branco, outra vez nestes campos de algodón. Diante teño toda esa recta, este vello Chervrolet e toda a túa música, un ritmo que me abraza coma carapoula na miña pel chisnada. Si campeón, este calor é un inferno. Entrégome a ti, apretuxo a miña alma e escacho nas túas raíces (Gospel-Soul), fusión endemoniada. Entón, a este rostro médralle o corazón e cae derrotado. Ela mírame, está ao meu carón, no mesmo auto e mírame, ten os ollos negros de chocolate, si, recosta a cabeza e pasa, astraese, vive na túa música eterna At The Club , e non teño momento para decirlle o que sinto. Sei o que pensas, dispárame esa caterva alucinante Armstrong, Mingus, Van Morrison, vamos, faino para que me converta no teu escravo. Ray Charles, tío, dinme que morrestes, non o creo ¡ Ja, ja, ja! escarállome con esa fodida trola. Seguimos na estrada, agora ela volta a mirarme e palpamos ese doce sabor do chocolate.