DENDE FÓRA | O |
14 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.QUEN MELLOR soupo levar a política co norte de África foi Franco. Tanto é así que, de non contar cun forte exército de moros, coido que non se arriscaría naquela infausta aventura da Guerra Civil de 1936. Despois tivo a picardía de non recoñecer ao Estado de Israel, sin que os EE.?UU., con quen se mantiñan unhas excelentes relacións, llo impuxeran, de tal xeito que, na década dos setenta, España tivo o que precisaba por mor da amizade que nos vencellaba co mundo musulmán. Cando non fai moito tempo que Fraga fixera unhas viaxes oficiais a varios paises árabes, entre eles á Libia do coronel Gadafi, para negociar a chegada do gas natural a Galicia, o aperturamento de mercados dos nosos productos conserveiros, das pedras do Porriño ou dos queixos de tetilla, moitos clamaban ao ceo. Din no argot militar, do que o meu amigo Mirás me falaba a cotío, que a experiencia é un grao ou que a mellor defensa é un ataque. Por moitas voltas que se lle dea, o mundo é como sempre foi, e por iso hai que ter moi en conta a idade de Fraga, que non se recata de falar con quen sexa, ou a procedencia do mundo xudicial do Ministro do Interior, Jose Antonio Alonso, que tampouco ten pudor en propoñer que o terrorismo islámico hai que atallalo polo san, controlando, incluso, os predicamentos nas mezquitas. O demais son contos chineses.