ASEMELLABA QUE o mundo ía acabar coa historia dun penalti. Vendo a importancia que lle dan os titulares dos xornais, parece coma si fora o fin do mundo, xa non digo nada se fago referencia a outros acontecementos que a cotío pasan no universo, ou no noso mundo. Andiveron noutros tempos coméndonos o coco con que o franquismo comíanolo a nós coas retransmisións do fútbol e dos touros pola televisión. Xa choveu dende entón, e hoxe qué vemos: fútbol todos os días. Ata me parece ben, o deporte é necesario, o que sinto é que haxa tan poucos a practicalo e moitos a discutilo, e a velo; namentres as salas de espectáculos, teatro, concertos, cinemas, restaurantes, tabernas seguen baldeiras. Fútbol e máis fútbol, o gran negocio da nosa época, así facemos atontados a algúns dos nosos fillos. Ou sexa, que antano comianos o coco... paréceme moi ben. ¿Quen ten a culpa? Todos. O peor é cando leo a declaración dun xogador que despois dun altercado coas forzas da orde di algo como: ¿Hai moitos negros cun cochazo que veñan ao estadio de Balaidos? Apagade os vosos lumes, que os cartos e o diñeiro nesta vida non o fan todo... quizais sí mercar unha entrada para un estadio. Polo demais, lémbrovos que somos todos iguais: os xogadores non son nin galácticos, nin teñen máis dereitos que os outros.