A cámara de Lur

MANUEL TEIRA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

18 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

NON SEMPRE foi así. Moi a meu pesar, sei da miña condición de humano. Un ser obsesionado e teimudo. Por esto fixemos por descubrir toda clase de trebellos, así ata o inimaxinable. Foi George Eastman, precursor da fotografía industrial, gracias ó cal a cámara dixital é un feito. Na fotografía deixamos pousos de memoria. O humano entregouse á imaxe, ó ollo de vidro, e descubrímonos mutuamente a pesar dese terror á impresión no papel cliché. É curioso, nesta época tan tecnificada, no que todo semella estar ordenado, controlado, sen lugar para a espontaneidade. Aínda así algo falla, e de cando en cando aflora en nós esa esencia primitiva que levamos dentro. Aconteceulles a uns amigos no intre de deixar plasmado ese momento irrepetible. Alguén, Lur, disparou a foto, unha, dúas, nada. Algo estaba a suceder. ¡Deus, non ten carrete! Foi Manola quen atallou a desfeita. Entón, unha man anónima prendeu a luz un chisco antes de rematar a operación. O carrete velouse. Todo tan normal. Arranxado o atranco faise por pechar a cámara, nada, non vai, agora perdérase o pasador automático. Carlos non atinaba a falar. Xesús mantiña aquela pose indefinida. Rosa María, Raquel e Sesé, atónitas. Manola dou en botar man do esparadrapo, vendou a cámara. Disparou. É posible que a fotografía se quede en Boiro.