Santa liberdade

MANUEL TEIRA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

28 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

AQUELA NOITE, o meu pai activou o interruptor da nosa radio, e escoitouse das ondas a voz do locutor da Radio Pirenáica. A nova: o secuestro do trasatlántico luso Santa María , retido por un comando de españois e portugueses. Aquela plana deixara en min un misterio. Anos adiante, lendo un libro de poesía de Méndez Ferrín, A poesía enteira de Heriberto Bens, mirei que estaba consagrado ó comandante Soutomaior. Nacido na Pobra do Deán. Aquel dato espertoume unha fonda curiosidade. Dei en pescudar, atopeime co Noé, logo con Xosé Fernández, así, ata toparme co comandante Soutomaior. Os tres nunha mesma persoa. Xosé Fernández, o Noé, exiliado, membro da resistencia francesa, preso no campo de exterminio de Aushwisch. En Venezuela, xunto a Pepe Velo e o portugués Galvao, fundan o DRIL. Unha das súas primeiras accións é a de denunciar ó mundo as dictaduras de Franco e Salazar. Coma obxectivo márcase o secuestro do Santa María , que tivo repercusión internacional e pasou a converterse nun dos feitos de máis trascendencia da postguerra e do exilio. O Noé, Pepe Velo, e mesmo Galvao, viviron en Santiago hai uns días un acto de xustiza e recoñecemento ós seus ideais, na presentación do documental Santa liberdade. O obxetivo está cumprido.