DENDE FÓRA | O |
14 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.AQUELA TARDE, o sol mallaba a morte sobre aquela agra. Diante. Un laberinto de camiños. Aquela paisaxe suscitaba unha sensación extraña, coma si a natureza se fose impondo sobre o home, e o home deixara de existir... Tan só a cacofonía dunha voz deixaba un remusmús sobre aquel aire. Dende este lugar, un aínda pode ollar o mar, adiviñalo cabo das dunas da praia de río Sieira, deixar os ollos e perderse naquela bocana inmensa. Non hai lugar pequeno onde haxa un home grande. Ramón Sampedro é este home, nesta paraxe respirou a súa vida, logo, peor, a súa, unha vida sen corpo, tan só unha mente, as horas, os minutos de cada día a traerlle o cántico do merlo trigo e do paparroibo. Así, curiosamente, foise facendo o home, medrando, ata que aquela mente colleu forma, logo tivo a voz, e falou. Deixounos atónitos, poidemos palpar a verdade, a liberdade, estar con el, entender que o corpo sexa eso, aire. Ramón Sampedro convertiu a traxedia nun xeito de entender a vida, tivo unha loita a favor da dignidade. Saber estar, e saber morrer. O viaxeiro, subiu as poucas escadas, logo, a fiestra deixouno na agra de Sieira.