A señora Hermo

MANUEL TEIRA

BARBANZA

DESDE FÓRA | O |

07 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

AQUEL DÍA, coma tantos outros, deixouse caer espoldroado nunha daquelas bancadas do vestíbulo. As horas alí estaban detidas, ó fin que máis daba, estaba acostumado naquela inercia, xa dera en renunciar a toda esperanza, era un home derrotado. A señora Hermo, por mor da casualidade, deu en tomar acomodo o seu carón. Era unha muller, a primeiras coma tantas outras, eso sí, aínda que el cáseque non a deu mirado, notoulle os ollos vivarachos e unha vitalidade fóra do común. Tampouco se extrañou. Ela, espetoulle os seus ollos verdes, quizais horrorizada por aquela piltrafa de acompañante. A señora Hermo presentouse... El calaba, a maneira de presentarse fora correcta. A esta muller, o tempo non lle resultaba dabondo e abocábase a resolucións lixeiras e prácticas. Os dous estaban no hospital do Barbanza. Un deles vencido, ela, loitando por sobrevivir. El entregando ós lobos, ela aferrándose ós seus dereitos e tentando de solucionar o seu problema de cataratas. A señora Hermo facía camiños onde non existían, ela, arremetía contra das listas de espera, contra a inutilidade, contra o abuso. A señora Hermo a pesar do hospital da Barbanza curou. El...