Sogama e a compostaxe

JOSÉ R. CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

17 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

OS ALCALDES dos concellos tolean, bandean e non teñen un criterio claro co tema dos residuos sólidos urbanos. Para colmo, na bisbarra está en confrontación un plan de compostaxe contra outro de incineración. A realidade é que a compostaxe pura é inviable, o mesmo que non cabe falar de que todo é queimable. Nembargantes, ámbolos dous tratamentos serían eficaces, viables e positivos traballando de conxunto. Maís aínda, desbotando estériles enfrontamentos demagóxicos, faceríase un gran servicio a Galicia poñendo en valor as potencialidades que supoñen compostar, reciclar, recuperar e queimar, baixo unha determinación política que teña en conta a nosa realidade ecolóxica en relación cos sectores industriais, agropecuarios, mariños e, en xeral, o tecido productivo galego, para o que debería aperturarse un gran debate científico e social. Como idea, somentes dicir que deberían xogar un rol moi importante, entre outros, os toxos, rastroxos e demais maleza dos nosos montes. O que se diría, matar dous (e moitos máis) paxaros dun tiro.