Antonio Abal publicou un libro sobre a sífilis

La Voz

BARBANZA

Un dos descubrimentos que o público encontrará no Diccionario Enciclopédio Universal que lanza La Voz de Galicia, e que atañe á comarca do Barbanza, é que Antonio Abal Hermo, un médido da Pobra do Caramiñal que exerceu na vila dende 1869 ata 1944, publicou un libro titulado Sobre la sífilis y su tratamiento por algunos preparados mercuriales . A colección vai conseguir que sexan moitos os veciños que se sorprendan da gran historia que teñen as vilas e poboacións que se espallan por todo o territorio do sur da provincia da Coruña, polo que, probablemente, o Degu se convirta nunha obra de consulta con presencia nos hogares da comarca de Barbanza.