Carta ó conselleiro

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

02 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

apostou o máis mínimo por un sector que daquela, xa sabemos que tarde, que lle imos facer, estaba en pleno apoxeo. Cando vostede era delegado do Goberno, nós pediamos máis cota e vostede máis Garda Civil. Gracias por non facer nada e déallas tamén ós señores Gago e Pérez Vidal que se empeñaron en que fosemos artesáns ou hostaleiros e que deixasemos a gandeiría para xente máis preparada que nós. Veña a Lousame ou a Mazaricos e verá como as gastan os gandeiros. Traia ó Fischler ver as vacas de aquí, tan boas como as de Holanda ou Dinamarca, a pesar de contar con bastante menos apoio institucional que eles. Verá o que se consegue con traballo e dedicación. No noso, somos dos mellores de España, sempre o soubemos. Levamos toda a vida facendo esto, a pesar de todo.