DENDE FÓRA | O |
18 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.XA LLE teño dedicado bastantes columnas coma esta o asunto da luz, da eléctrica ou, mellor dito, á súa falta. Aínda así é todo despois do visto a pasada semana na costa este de Canadá e EE.?UU. non puiden reprimir o desexo de volver a facelo. En Mazaricos, que para a nosa sorte ou desgracia, quizais máis ben para o segundo, é un dos concellos de Galicia que máis enerxía eléctrica produce, pásanos habitualmente o mesmo que lle pasou ó norte de América. A diferencia é que mentres eles quedan atrapados no metro ou teñen que durmir nas rúas porque se atopan lonxe das súas casas, nós esperamos pacientemente nas nosas vivendas a que volva o suministro. Aínda que soe ridículo para min, é tan grave que marche a luz en Mazaricos como o é que suceda no medio e medio dos EE.?UU. Salvando as lóxicas distancias, para nós é tan prexudicial como o foi para eles a perda do suministro. Lonxe de maldades, ver na televisión a Toronto a escuras calmoume do mal corpo que lle queda a un no medio do inverno nesta bendita terra. Consola do mal sangue que un ten cando mira case a escuras esperando que volva a luz, como viran os muíños no alto das Paxareiras.