DENDE FÓRA | O |
30 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.NIN ELES puideron chegar a máis, nin nós a menos. A miúdo, un tópase con este dilema. Entón comezas por non entender nada de nada, logo, rematas por non soportarte a ti mesmo e caes na decepción, miras todo aquilo que quixeches e sínteste un apestado. Cada vez un comprende menos certos acontecementos. Certas actitudes dos nosos políticos, dun nepotismo tal que se pasan polo forro todo aquilo que se mova, mesmo o de sempre, o non me importa. Coidan eles que son a man de Deus, así, baixo a súa providencia modelan ó seu antollo. ¡Un é o que é!. Eu non creo nas xerarquías, creo no home diante do home e xa sei que isto non é exacto de todo. Entón un, remata por encabronarse. Non me importa o que pensen, impórtame unha tal certa moralidade, eso. (Quero tomarme un café con Álvarez Cascos). Para tal, váleme calqueira que goberne, iso si, que lles quiten os micros, os televexos, a radio, que lles quiten as notas, mesmo o séquito, que os poñan en bolas diante do home. Ollalos nesa soedade. Dicirlles o que penso. Que non son humildes, que ese alacrán da vaidade é mal de persoas cativas, que se está a provocar a sensibilidade dun pobo. Que non teñen perdón. En fin, unha medalla mañá será chatarra. E nós a máis.