Teatro que deixou de ser inédito

La Voz

BARBANZA

No mesmo acto, a firma Xerais amosou as reedicións que acaba de facer de dúas obras, Nova crónica das Indias e Cantos caucanos , esta última comentada polo tamén noiés Martín Veiga. Pero, quizais sen dúbida, un dos maiores acertos da editorial estriba na publicación dunha peza de teatro que ficara inédita, Tres capitáns de tempos idos , que escribiu para nenos. O estudio que acompaña a este libro fíxoo Pilar Sampedro. Na súa intervención, denunciou que Avilés foi «ninguneado» en vida como escritor e como político. Asemade, loubou o nacionalismo que practicou por ser «unha afirmación da nosa identidade». Finalmente, un fillo do poeta, Santiago Avilés, agradeceu a Xerais que amosaran un interese polo seu pai «máis aló do meramente comercial».