ACTOS PARA HOXE| Entrega de premios dun certame literario

La Voz

BARBANZA

09 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O concelleiro de Cultura de Noia, Lino García Novo, asiste hoxe á entrega do premio correspondente á segunda edición do Certame Literario de Relato de Aventuras Avilés de Taramancos. O concurso convócao o Concello baixo a organización da revista Casa da Gramática . O acto empeza ás oito do serán no salón de plenos da casa consistorial. Noia O intérprete Avelino González e o músico Juanma Varela ofrecen no Coliseo Noela un espectáculo sobre Avilés de Taramancos no que hai grandes doses de humor. A actuación comenza ás dez da noite. Boiro A programación cultural do municipio boirense inclúe un multiobradoiro destinado a cativos de idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos. Ten lugar hoxe de once a doce da mañá. Os asistentes farán traballos de plástica, expresión musical e de animación á lectura.