O actor Avelino González e o pianista Juanma Varela ofrecen no Coliseo Noela un espectáculo de relatos inspirado nos libros Cantos caucanos e Nova crónica das Indias . Pola mañá, ás 13.15 horas, fan un pase para estudiantes e, pola noite, ás 22.00 horas, outro para o público en xeral. Cabo de Cruz A directiva da asociación veciñal A Unión promove unha conferencia a cargo do escritor Xosé Agrelo, amigo de Avilés, que falará sobre a vida e a obra do bardo. O acto terá lugar ás 20.30 horas no local de exposicións situado ó lado de Caixa Galicia. A Pobra Na biblioteca, un total de 130 rapaces de preescolar dos centros educativos terán a oportunidade de asistir a dúas sesións de contacontos. O rato Camí e os seus amigos tratarán de animar a ler ós rapaces e de invitalos a visitar as dependencias da sala de lectura. A actividade comenzará a desenrolarse ás 11.00 horas.