Música e teatro integran o programa de actos da Pobra

La Voz

BARBANZA

C. QUEIJEIRO

07 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

? programa de actos deseñado pola Concellería de Cultura pobrense arrincou onte coa inauguración dunha exposición sobre a vida e obra de Avilés de Taramancos na Casa Mariñeira. Pero as actividades continuarán ó longo de todo o mes, sendo as actuacións musicais e as teatrais as máis destacadas. Para fomentar a lectura entre os cativos, mañá terá lugar na biblioteca municipal unha sesión de contacontos a cargo da compañía do Trinque Trinque, baixo o título Máis ratos ca nunca na biblioteca . O 17, coincidindo co Día das Letras Galegas, actuará no Cantón da Leña o grupo de gaitas e danzas Caramiñas; e na igrexa do Castelo, a soprano María José Ladra González. O teatro será o protagonista o día 20. Diso encargarase Berrobambán, que porá en escena a obra A increíble historia dun libro . As actividades concluirán o 28 cunha nova sesión de contacontos. O edil de Cultura, Antonio González, explicou que tamén se repartirán folletos sobre a vida de Avilés de Taramancos, nos que se enumera a tódolos homenaxeados co Día das Letras Galegas.