?e Vicente Araguas dedicou o seu discurso a falar dos primeiros anos do bardo Avilés, Xesús Rábade -poeta, narrador, ensaísta e catedrático de Lingua e Literatura- referiuse á xenialidade do vate de Taramancos na súa época de madurez. Concretamente, nos seus tres últimos libros: Cantos Caucanos , As Torres do ar e A última fuxida a Harar . Rábade comezou cunha emotiva explicación: «Cústame vir ultimamente a Noia porque noto a ausencia de Avilés». Acto seguido, enlazou este sentimento propio con outro plasmado polo vate noiés nos seus escritos: ó da nostalxia, tanto cando vivía en Colombia para con Galicia, como cando vivía en Noia para «coa súa casa en Chachahuí». «Antón non é persoa que voa as pontes nin queima as naves», manifestou o profesor e artista.Asimesmo, referiuse a vinculación da obra de Avilés de Taramancos co mar. En opinión de Rábade, moi semellante á que sentía o rianxeiro Manuel Antonio.