«O BNG escoita sempre antes de abordar un problema»

Alberto Hevia CORRESPONSAL | RIANXO

BARBANZA

Juan Bautista Mariño Abuín representa por primeira vez ós nacionalistas no seu intento de lograr a alcaldía dunha vila na que reside dende 1993, e faino como independiente

27 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

«Hoxe hai xente en Rianxo que emigra e o Concello ten parte de responsabilidade» ?uan Bautista está casado con Edelmira Cortegoso, responsable local do BNG, pero o candidato non ten aínda o carné do partido. -Porque nunca pertenecín a ningunha asociación política, aínda que si o intentaron varias organizacións que contactaron conmigo antes. -¿Que pensa facer o BNG en Rianxo? -Son moitas cousas as que non se fixeron, como a creación de emprego digno, sen precariedade laboral. No sector servicios, Correos ten unha oficina insuficiente, e o centro de saúde está nunha segunda planta sen ascensor, aparte de que precisa máis médicos; as nais piden un servicio de pediatría acorde co que necesita Rianxo. Seguindo coas reivindicacións, precisa a gardería infantil, que aplaudimos, pero que non debe ser no colexio porque hai outras opcións; un bo planeamento urbanístico; o polígono industrial e un bo ordeamento da ribeira. -¿Cales son as directrices do partido? -A máis significativa é que o BNG escoita sempre antes de abordar un problema. -¿Ve factible conquerir as melloras que formula? -Todo é factible; o que hai que facer é traballar. Por iso estamos aquí, porque temos capacidade de traballo e somos a alternativa de goberno. A xente que agora mesmo goberna con maioría absoluta faino dunha maneira dictatorial. Hoxe hai xente en Rianxo que emigra e o Concello ten parte de responsabilidade. -¿Xa está confeccionada a lista electoral? -Está practicamente rematada; faltan algúns postos, pero de momento non pensamos facela pública, pois funcionamos a través da asamblea. -¿Que resultados esperan conseguir? -O que esperamos o día 25 é que a cidadanía exprese con votos nas urnas o sentir de Galicia enteira. Con iso dámonos por satisfeitos. Que a xente vaia votar, que participe. Neste momento a sociedade está moi convulsionada, é un punto positivo porque parece que quere espertar.