Os gañadores do certame de disfraces e carrozas repartiranse 1.590 euros Instalarase unha carpa na avenida da Constitución, onde haberá música e xogos populares
21 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.?índa que o programa elaborado polo departamento de Cultura e Xuventude do Concello de Boiro para esta edición do entroido e similar ó de anos anteriores, si se introduciu unha novidade coa que os organizadores esperan contar coa participación de tódolos veciños. Trátase dunha feira na que se distribuirán productos típicos destas datas. Esta actividade terá lugar o día grande das celebracións boirenses, o martes 4, na avenida da Constitución, frente á casa de cultura da Cachada, onde se instalará unha gran carpa. No seu interior ubicaranse postos de filloas, orellas e queimada, entre outros.De elaborar todos estes prouctos porpios de calquera entroido que se precie, os membros do departamento de Cultura e Xuventude esperan que se encarguen representantes de distintas asociación do concello. «O obxectivo é facer partícipes destas festas a tódolos colectivos, xa que son unha parte fundamental do tecido socio-cultural do municipio», sinalou un dos técnicos que, xunto co rexedor local, Jesús Alonso, onte deron conta dos actos que se van levar a cabo en Boiro. A feira, que comezará ás seis do serán, estará amenizada pola charanga Trompos das Nicras. Tamén haberá actuacións de agrupacións tradicionais do municipio boirense e disputaranse diversos xogos populares. Ás seis e media, o mago Antonio Romarís fará un repertorio dos seus mellores trucos, cos que tentará sorprender a maiores e cativos. Todo isto será a antesala do gran desfile de carrozas e disfraces que percorrerá as rúas da localidade boirense. Será a partir das sete do serán. Aqueles que leven a indumentaria máis orixinal ou que viaxen no artefacto máis engalanado repartiranse 1.590 euros en premios. Haberá dous galardóns para os participantes individuais, de 100 e 50 euros; tres para os grupos, de 210, 150 e 120 euros; e para as carrozas, de 390, 270, 180 e 120 euros. Jesús Alonso animou a tódolos boirenses a saír á rúa e a participar nas actividades organizadas polo Concello. En este sentido sinalou que «nunca en Boiro se invirtiu tanto diñeiro en iniciativas culturais».