Marxinación

La Voz

BARBANZA

AÍNDA QUE non poden eximirse da parte que lles toca no relativo ás pelexas, algunha razón teñen os hosteleiros de Boiro cando aseguran estar marxinados con respecto a outras localidades próximas. O certo é que aínda que a lei de horarios de peche dos establecementos é igual para toda Galicia, non en tódalas zonas se fai cumprir. O problema é cando esta distinción se produce en núcleos moi cercanos. Así, mentres que en Boiro os locais teñen que cumprir a normativa a raxatabla, en Ribeira hai pubs que non pechan ata pasadas as oito da mañá.