ERA VISTO
04 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.NADA MÁIS abrir a espita, os concellos tiráronse como tolos a solicitar parques eólicos singulares; uns cunha idea bastante madura do que queren facer e con quen, e outros, simplemente, vanse anotar sen máis, a ver qué ocorre, e logo xa se verá. Parece que vai ser a panacea para reducir as facturas eléctricas, un bo negocio para as arcas locais. Haberá que agardar a ver cómo resulta.