«Calquera persoa pode aprender a bailar galego»

Alberto Hevia RIANXO

BARBANZA

A mestra de baile iniciouse no mundo da danza con apenas 4 anos de idade da man de súa nai, que daquela impartía clases na vila de Castelao

07 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Charo Rial dirixe a asociación Doas do Mar e ten un grupo de gaitas, Os Xeiteiros do Araño. -¿Súa nai foi a fundadora do grupo de baile? -Sí, hai 24 anos. Para o ano facemos as vodas de prata, aínda que daquela nós empezamos con outro nome, Xoubiña, e pertencíamos ó Liceo de Rianxo. A Asociación Cultural Doas do Mar fundouse despois. -¿Ten algún segredo o baile para dominalo? -Calquera persoa pode aprender a bailar galego. Hai xente que ten máis facilidade, pero se sabes seguir o ritmo xa o tes todo. -¿Aprenden igual os pequenos que os maiores? -Ós pequenos, eu enséñolles a partir de xogos de ritmo, de relacionarse uns cos outros para que se integren como grupo. O derradeiro que facemos é o baile. O importante é que se movan e teñan soltura. -¿Gracias ó baile ten conocido moitos lugares? -Viaxei moito. Fun a festivais a Madrid, Bilbao, Francia, Portugal. O que vín de España e o extranxeiro foi gracias ó folclore. -¿Como ve os bailes rexionais aquí en Galicia? -Eu falaría de bailes tradicionais. Agora hai moitos grupos que se dedican a recollelos, como Cantigas e Agarimos, Brincadeira, Xacarandaina e outros. Nós mesmos temos recollida a iota de Gonte, a iota de Caseiro, a iota muiñeira de Santa Comba e da parte de Lugo, ademais das típicas danzas de Rianxo. - ¿De donde conseguen os deseños dos traxes? -Temos traxes de cotío, de zocos, faldas bastante gruesas e moito liño e estopa. Cada zona ten un deseño diferente. Nós imos a falar cos vellos e a xente maior, ós que lles preguntamos cómo vestían e bailaban.