Unha homenaxe máis que merecida

J. M. J. RIBEIRA

BARBANZA

C. QUEIJEIRO

Diversas entidades de Cabo de Cruz instalarán unha áncora no porto para recoñecer a laboura dos mariñeiros da localidade Os profesionais do mar renden unha cálida homenaxe á súa patrona, a Virxe do Carme, con diversos actos encadrados no programa das festas grandes da parroquia. Ademais das celebracións lúdicas, que comezan hoxe e prolongaránse ata o martes, inclúense outras máis emotivas como o tributo que diversas entidades da vila renderán ás xentes do mar. Así, o día 16, ás oito da tarde, celebrarase unha homenaxe a todo o colectivo co asentamento dunha áncora no peirao vello e o descubremento dunha placa conmemorativa. Pero sin duda, as celebracións deste día terán o acto máis esperado por todos, a procesión marítima.

13 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Cabo de Cruz é un estoupido de foguetes e música. Á primeira hora de hoxe, escomenzaron as tradicionais festas do Carme na parroquia. Unha celebración chea de actos e actividades para pequenos e grandes. Os festexos rematarán o martes. A procesión marítima será unha das citas máis emotivas, xa uqe na mesma participa a maior parte da flota con base neste porto. Pero este ano, as diversas entidades da localidade van render unha homenaxe a tódalas xentes do mar, algunhas das cais perderon a vida enriba das ondas. A asociación cultura A Gamela, e a comisión de festas colocarán o martes no porto unha áncora e descubrirán unha placa. O acto comenzará ás oito da tarde. Esta iniciativa pretende lembrar ós homes que desenvolveron o seu traballo no mar ao longo da historia de Cabo de Cruz e, a carón deles, o mesmo agarimo para as mulleres, nais, esposas e fillas dos mariñeiros que, xuntos, loitaron e seguen loitando a prol dun pobo mellor. Pero tamén haberá tempo para a diversión e a gastronomía. As celebracións empezan hoxe cas tradicionais pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Ondas do Castro e a charanga Tíralle do aire. Ó mediodía, na explanada portuaria, as asociacións de mexilloeiros organizan a festa de exaltación do mexillón, na que se consumirán tres toneladas deste molusco. Por fin, se lle fai un recoñecemento a un producto moi unido a Cabo de Cruz.