Marina Díaz Fornas, libreira de Noia Marina Díaz Fornas é unha pioneira no fomento da literatura galega en Noia. Cando montou a librería Sementeira, hai máis de vinte anos, apenas existía na localidade a mínima oferta na lingua propia de Galicia. Afortunadamente, co paso dos anos, os organismos oficiais puxeron o seu importante gran de area na mellora da situación do idioma. De tódolos xeitos, Marina cre que aínda non se lé o suficiente, pero que esa situación podería cambiar no futuro se se segue animando ós máis novos a introducirse no apaixoante mundo da lectura e, sobre todo, en galego. A súa tenda foi unha das poucas que abreu as portas o Día das Letras Galegas. Para a xente que ten medo a ler en galego, di que non é tan difícil como pode parecer e invita a probar.
18 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Marina abriu a librería o Día das Letras Galegas ás once. Aínda que non é unha xornada na que os noieses acuden masivamente a mercar libros, di que o fai por compromiso coa lingua. ¿¿Cando comezou a andaina da súa librería? ¿No ano 1981 montamos a primeira librería na rúa Mazacáñamos. Ademais de vender libros, tamén tiñamos unha galería de arte, na que faciamos exposicións, conferencias e todo tipo de actos culturais. Daquela en Noia apenas había iniciativas deste tipo. Agora sí, gracias ó apoio dos organismos oficiais. Alí tiñamos mostras de pintura e tamén de tipo informativo, como do colexio de arquitectos ou do Museo do Pobo Galego. Alí estivemos uns dez anos. Logo mudámonos aquí, á rúa Montero Ríos, porque a sede anterior estaba nunha zona pouco comercial. ¿¿E dende sempre estiveron especializados na venda de libros en galego? ¿Nun principio, a librería montouse sobre todo polo libro galego, que daquela estaba un pouco esquecido. Co paso dos anos foi aumentando a oferta en língua vernácula noutros establecementos, ata o punto de que agora vendemos tanto literatura en galego como en castelán. ¿¿Teñen éxito os libros escritos na na nosa língua? ¿Se deixamos de lado as lecturas recomendadas, que son unha venda obrigada, o libro en galego ten bastante aceptación do público. Hai persoas que esperan a que saian as novas obras dos seus autores favoritos. Tamén hai persoas interesadas en temas de historia ou doutras disciplinas. ¿¿Practícase moito a lectura hoxe en día? ¿A xente non lé o suficiente, porque o sistema de vida que temos non nos dá tempo. Se tes que traballar medio día, e por riba es muller e te tes que ocupar da casa, é máis doado darlle a un botón e poñer a televisión que adicarse a ler. A lectura é unha elección. Lévate a un momento de imaxinación no que ti tes que crear o teu propio mundo da lectura. Eso require un esforzo. ¿Quen le máis en galego, ¿os novos ou os maiores? ¿Soen vir os pais cos fillos a mercarlles libros. As persoas maiores teñen máis dificultades para ler en galego. Os nenos, non. Len indistintamente en galego e en castelán. Hai que facer máis esforzos por fomentar a lectura en galego. As escolas están axudando a acadar ese obxectivo. ¿¿Que lles diría ás persoas que non se animan a ler na língua de Galicia? ¿Para a xente que nunca leu en galego, diríalle que o importante é ler, e que ler en galego non é tan complicado como pode parecer. Ademais, os autores galegos contan nos seus libros realidades máis próximas a nós, coas que é máis doado identificarse.