Isaac Díaz Pardo recolle a distinción Leixaprén pola súa defensa do idioma e a cultura
BARBANZA
O poliédrico intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo recolle hoxe no Instituto Campo de San Alberto de Noia o agasallo correspondente á terceira edición do Premio Leixaprén pola súa loita en defensa da lingua e da cultura galega. A cerimonia, que comeza ás once e media da mañá, está dividida en dous actos diferenciados. En primeiro lugar, os coordenadores da iniciativa rendirán unha homenaxe a título póstumo a Manuel Fabeiro Gómez, destacado filatelista e investigador da historia de Noia. Alumnos dos colexios Felipe de Castro e Rodríguez Cadarso recitarán varios poemas antes de dar paso ó concerto do grupo musical Airiños do Mar de A Barquiña. A partires das doce e media da mañán, terá lugar a entrega do obsequio a Isaac Díaz Pardo, precedida pola intervención de varios docentes e máis de Roberto Vidal Bolaño.