VÍCTIMA DUNHA CONFABULACIÓN INXUSTA

La Voz

BARBANZA

SINDO LORES ERA VISTO

23 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Predecía hai sete días neste mesmo espacio, que algo estaba a piques de acontecer en torno a Manuel Velo... e mira tí que pasaron tres xornadas e zoupazo: suspendido por dous anos. A dicir verdade, polas que ten feito, aínda lle tocou a lotería. A decisión non creo que contente a ninguén: nin ós seus críticos, nin ós rivais políticos, nin a el mesmo -aínda que esto último é unha obviedade innecesaria-. Grave erro do PSOE. Darlle tan duro castigo a semellante militante exemplar, que ata que el veu a Boiro o socialismo non existía, compañeiro de compañeiros, contra o que se confabulan tódolos poderes fácticos nunha guerra fría por intereses económicos, inmaculado como é, salvador de patrias e, sobre todo, demócrata... pero demócrata dos que quedan poucos... ¡Que sería da política local sin el!. Por eso vai seguir, aínda que sexa co demo, non vai ser que os boirenses acaben esnaquizados, afundidos no esquecemento, nas mans do becerro de ouro... Non, non pode ser, el veu ó mundo cunha clara misión e non a ten completada... Que lle pregunten ós seus compañeiros de partido, ós funcionarios municipais que estiveron ó seu mando, ós mestres e ós pais do Martín Gómez... ¡Eche un santiño!