As letras dos amigos

La Voz

BARBANZA

EDICIÓN ESPECIAL DE «A NOSA TERRA»

21 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Ana Romaní, Teresa Seara, Antón Capelán, e outros moitos amigos e coñecidos de Avilés de Taramancos, aportaron a súa literatura e as súas vivencias co autor para encher con verbas unha edición especil de A Nosa Terra, adicada integramente ó escritor. Uns narran as súas experiencias con Avilés, outros adéntranse na súa poesía, e tamén vóltase a vista atrás para lembrar a época do homenaxeado en Colombia, onde se aprecia a súa morriña pola terra. Pero na publicación, que gustou moito á familia, tamén hai cabida para a anécdota. Así, nunha páxina aparece a fotografía dunha tarxeta de visita que repartía ás súas amistades e que comeza: «J. A. Avilés Vinagre, amañador de corazóns esnaquizados, coleccionista de moas de xuicio...»