Pequenos coas máns na masa

ANA G. V. RIBEIRA

BARBANZA

S. BALVÍS

Alumnos do colexio de Palmeira aprenden a facer pan nuns obradoiros «Libros con sabor» é a última campaña desenrolada na biblioteca do colexio público de Palmeira. A través da literatura, os rapaces adquiren coñecementos alimenticios, aprenden cales son os productos con máis nutrintes e de donde veñen algúns dos víveres que integran a meirande parte dos menús diarios. A experiencia complétase cun obradoiro no que os cativos aprenden a facer pan. Onte comenzaron a amasar este producto de primeira necesidade.

19 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

En colaboración ca Asociación de Consumidores Galegos, alumnos dende primeiro ata cuarto de Educación Primaria do colexio de Palmeira aprenden, dende onte, a facer pan na escola. Auga, trigo e levadura; os cativos descubren os segredos dun alimento que nunca falta nas súas casas e que, de seguro, é un dos que máis aprecian. A iniciativa forma parte da campaña de lectura denominada Libros con sabor que se desenrola este trimestre. Os nenos poden ver na biblioteca unha mostra de libros de literatura infantil nos que aparecen diferentes aspectos relacionados ca alimentación. Ademais de participar en actividades relativas a este tema, len contos como A casiña de chocolate, Sete casas, sete bruxas e un ovo e Pirracas e as patacas, entre outros. Na experiencia educativa tamén hai un apartado dirixido ós pais, a quenes compete educar ós seus fillos nuns hábitos alimenticios saudables. Deste xeito, o presidente da Asociación de Consumidores Galegos, Juan Carlos Ulla, imparte hoxe unha charla, dirixida a proxenitores e docentes, nas que se abordarán aspectos relativos á nutrición. Preténdese que os asistentes poidan resolver moitas dúbidas que xurden sobre esta cuestión, así como adquirir coñecementos. A conferencia, que terá lugar na saa de usos múltiples do centro educativo da parroquia ribeirense, comenzará ás cinco e cuarto da tarde.