BUZÓN DO LECTOR
16 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Parecía un día coma outro, pero a media tarde xurdiu unha urxencia médica e fun ó servicio de urxencias da Casa do Mar de Ribeira. O sufrimento ocasionado polas doenzas que padecía foron mermando unha vez abrín a porta das instalacións. O silencio do lugar e o sorriso que me dirixía unha ATS fíxome dubidar sobre onde estaba. Era o Centro de Saúde de Ribeira. En menos dun minuto fun atendido por un médico e unha ATS cun trato exquisito, continuas preguntas sobre o sucedido, probas e máis probas no momento. Logo de algo máis de trinta minutos, unha palmada na espalda do facultativo mandoume para a casa e desexoume tranquilidade, menos traballo, paciencia e visitar ós monxes do Tibet para descubrir o verdadeiro sentido da existencia e aliviar a angustia que me deixaba noqueado e fora da rutina cotián. Foi unha grata experiencia e ademais son un crítico do servicio público de saúde. Si fose así sempre a atención, pouco traballo terían as clínicas e centros privados. Gracias ó servicio de urxencias da clínica de Ribeira por compaxinar a profesionalidade coas correctas prácticas deontolóxicas. José Manuel Pena Sampedro. Ribeira.