Marta Mariño visita o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova
VILANOVA / LA VOZ
VILANOVA DE AROUSA
Sila Santiso e María Búa foron as dúas emprendedoras que deron a coñecer a súa experiencia na xornada de onte
26 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou onte as instalacións do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa, centro onde xa se atenderon máis de 200 proxectos. Deles, o 58% están impulsados por mulleres e onte destacaron Sila Santiso e María Búa, dúas mulleres emprendedoras que foron asesoradas polo servizo da localidade e que contaron as súas experiencias: a primeira é promotora de DTF Galicia e a segunda emprendeu coa empresa de viaxes Morousa Tours. A directora xeral aproveitou para destacar a iniciativa Bolsa de remuda de negocios da Xunta.