María José Vales, candidata do PSOE en Vilanova: «Nunca fixen nada malo»

Antonio Garrido Viñas
antonio garrido VILANOVA / LA VOZ

VILANOVA DE AROUSA

Martina Miser

Son 8.591 as persoas chamadas a votar en Vilanova

24 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

María José Vales ten veteranía nestas lides da política, pero confesa que nunca esperou que a cousa, que a campaña para as municipais fora por onde foi, con acusacións moi graves de Gonzalo Durán.

—Agardaba unha campaña tan dura?

—Non, non nada así.

—E como o levou?

—Pois moi mal. Moi mal mentalmente e moi mal familiarmente. Parecía unha cousa tan grande e eu no fixera nada. Xa se vía dende o principio que non era así.

—Que lle dicía a xente pola rúa?

—A xente dábame azos porque sabía que eu non fixera nada diso. E tamén animoume xente do Partido Popular. Eu nunca fixen nada malo. Tivémoslle que desmontar todo o asunto.

—E a cousa aínda ten a súa resaca na confraría...

—Non teño nin idea diso.

—Vale. Falemos de papeis, pero doutros máis agradables. Casou moita xente dende que é concelleira?

—Casei si. E a xente de toda cor política.

—¿E que porcentaxe de éxito leva? ¿Seguen casados todos?

—Seguen casados, seguen.

—Vostede mandou na confraría....

—Mandei, si

—E que peixe ou marisco recomendaría?

—Na confraría de Vilanova non hai peixe.

—Xa oh, é para pedir un consello

—A ameixa de Vilanova é a mellor.

—Correcto, e como a preparamos?

—De calquera xeito está moi boa.

—Que praia me recomenda?

—Dende a das Sinas ata a das Patiñas, as de Vilanova son as mellores praias que hai.

—Vale. Pero a cal vai vostede?.

—Eu son de San Miguel e vou a das Patiñas. Vou mariscar pola mañá e pola tarde de turista a tomar o sol.

—A ver, Vilanova ten sona de ser un sitio aburrido. Botemos abaixo o mito, véndame Vilanova.

—Se gobernamos tentaremos que Vilanova sexa un sitio o que veña a xente, un sitio dinámico.

—Vilanova é parte agora dun Camiño de Santiago. Vostede fixo o Camiño?

—Fixen. Fomos un grupo de amigos dende San Miguel ata Santiago.

—Pero polo mar ou andando?

—Andando. Fixémolo en dúas etapas. Fixemos noite en Padrón.

—E que tal foi a experiencia?

—Pois a verdade é que foi moi boa.