Arousa Moza organiza o sábado unha xornada de solidariedade con Ucraína
VILAGARCÍA DE AROUSA
Haberá unha andaina, carreiras e xogos para toda a familia
24 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Este xoves remata o prazo de inscrición la segunda Carreira Solidaria por Ucraína, organizada en Vilagarcía pola asociación Arousa Moza. O evento ten un marcado carácter «familiar e festivo», segundo di a organización. A andaina dará comezo ás dez da mañá cun percorrido de doce quilómetros, ata acadar o miradoiro de Lobeira, mentres que as carreiras serán a partir das seis da tarde.
De cinco a oito da tarde, na explanada do auditorio haberá inchables e diferentes xogos e actividades, totalmente gratuítos, para os máis pequenos, converténdose nun punto de encontro para as familias. Non faltará a música en directo, «creando un escenario de lecer paralelo ao desenvolvemento das carreiras». Ademais, os actos complétanse cunha concentración na paza de Galicia ás dúas da tarde.