Luis Bará visitou onte a zapatería Yosu, en Vilagarcía, acompañado por Montse Prado
18 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luis Bará, visitou onte a zapatería Yosu, no centro de Vilagarcía, para escenificar o apoio da súa formación ao pequeno comercio. O peche de cada local, din os nacionalistas, é «unha traxedia individual, pero tamén un drama para todo o país». Con el estivo a cambadesa Montserrat Prado, número dous do seu equipo.