Os Ingleses descomponse ante o líder, Vigo: 7-29

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Os de David Lema pecaron de indisciplina na segunda parte

05 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Ingleses deberá aplicarse o vindeiro sábado no campo do CRAT coruñés para manterse na pelexa por unha das dúas prazas na final polo título da Primeira División do rugbi galego. Onte, fronte ao líder e claro favorito á coroa autonómica, o Universidade de Vigo, o cadro vilagarcián iniciou a fase de clasificación para a final galega encaixando no seu feudo de Fontecarmoa un 7-29, froito da súa mala segunda parte.

O 0-8 ao descanso para o conxunto olívico reflectiu a grande igualdade durante os primeiros 40 minutos de partido. Pero á volta do paso intermedio por vestiarios, os homes de David Lema descompuxéronse. Sabedores de que o camiño cara a vitoria pasaba por arrebatarlle o oval ao Vigo, pecaron de falta de disciplina táctica, entrando nas provocacións dos xogadores rivais e recibindo varios golpes de castigo e cartóns por iso. Fóra mentalmente do partido, Os Ingleses foron cedendo máis terreo no marcador, ata o 7-29 final, que deixou sen bonus os dous equipos.