Jéssica Bouzas volve dos Xogos do Mediterráneo cun ouro e cun bronce

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

A vilagarciá conquistou en Orán, Alxeria, o título do dobres feminino xunto coa barcelonesa Guiomar Maristany

03 jul 2022 . Actualizado a las 20:37 h.

Desde que o tenis se estreara no programa dos Xogos do Mediterráneo, aló polo ano 1963, a selección española nunca se ausentou do podio dunha cita que reúne o groso dos estados bañados polo mar que une o sur de Europa e o norte de África. A edición de Orán, Alxeria, non foi unha excepción, con cinco medallas do combinado hispano, que elevan a 57 o total do país nos Xogos do Mediterráneo. Entre elas, as dúas de Jéssica Bouzas Maneiro.

A vilagarciá conquistaba o pasado xoves o título de campioa na final do dobres feminino formando parella coa barcelonesa Guiomar Maristany, a súa compañeira no seu ata hoxe único título profesional de dobres, o do torneo W25 de Oeiras, en Portugal.

Jéssica Bouzas colgouse ademais o bronce no cadro individual de Orán, que gañou Maristany tras vencer na final a italiana Brancaccio, verdugo da galega na antesala do duelo polo ouro.

O prestixio das medallas non lle proporcionarán pola contra puntos no ránking WTA, no que Bouzas cedeu a semana pasada 42 postos, caendo do 302 ao 344.