Salgado e Genito presentan «Papel de estraza» no Salón García o venres

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

O libro recolle a epopea da Illa de Arousa cando un grupo de veciños proclamaron unha república federal independente

27 sep 2021 . Actualizado a las 20:50 h.

Papel de estraza é moito máis ca un fondo estudo na epopea que A Illa viviu en 1934, cando un grupo de veciños decidiron proclamar unha república federal independente na Arousa, un paso que lles custaría a vida á meirande parte deles dous anos despois. É, tamén, un brillante exercicio de contextualización sobre a vida e evolución da ría. Os seus autores, Fernando Salgado e Genito Otero, presentan o libro no Salón García de Vilagarcía, o venres, ás 20.30 horas.